HomesociedadeA licitación a recuperación do núcleo rural da Pena en Paradela

A licitación a recuperación do núcleo rural da Pena en Paradela

O Ministerio de Transportes (Mitma) licita as obras de recuperación deste núcleo no Camiño Francés de Santiago por un importe superior aos 662.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

Estas obras inclúense no marco dun conxunto de actuacións que teñen como obxectivo principal a mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por dez municipios das provincias da Coruña e Lugo.

O extinto Ministerio de Fomento convocou no seu día un concurso de proxectos con intervención de xurado para a selección dos dez proxectos que completan o conxunto da intervención. Este é o cuarto proxecto que se licita e está previsto que os traballos se inicien no outono, cunha duración de dez meses.

Con estas obras, trátase de recuperar o núcleo tradicional da Pena, polo que discorre o Camiño Francés. A intervención céntrase na traza do Camiño e na zona interior do núcleo, actuando sobre unha superficie aproximada de 1.700 metros cadrados. Con iso, dotarase á poboación dos servizos de abastecemento, saneamento e rede de pluviais, así como o enterramento dos tendidos aéreos de baixa tensión e iluminación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...