HomesociedadeJulio Ferrín, o ‘Pavarotti quirogués’, directo ao Bamboleo

Julio Ferrín, o ‘Pavarotti quirogués’, directo ao Bamboleo

O pasado mes de febreiro demos a coñecer este cantante vocacional que triunfaba das redes sociais e comezaba a actuar en eventos demostrando o seu talento. Este sábado estará no Bamboleo da Televisión de Galicia.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Julio Ferrín é natural da Ribeira, no Concello de Quiroga, aínda que vive en Arteixo. Nunha entrevista que lle concedeu a Xornal de Lemos contounos a súa fermosa historia, de como dende pequeno quería ser músico. “Aproveitaba como tarima, para facer o meu escenario improvisado, o remolque dun tractor, o rellano da escaleira… collía os sofás da miña casa e colocábaos a modo de altavoces… “, estas eran algunhas das vivencias que nos explicaba Julio lembrando con gran emoción a súa nenez.

Un soño que foi quedando apartado cos anos, pero velaquí que foi recuperado do faio das paixóns e empeza a gañar espazo na súa vida. Unha chamada non esperada do Bamboleo de Xosé Manuel Piñeiro volverá levalo á TVG. Será este sábado a partir das 22:00 h. Falamos con Ferrín. 

Camerino de Julio no Bamboleo

Quen e cando contactaron contigo?

Hai dúas semanas unha tal Elena que é a que prepara as entrevistas e dirixe un pouco, polo que puiden ver.

De que te coñecían e que che propuxeron?

Pois non sei se me coñecían porque non me dixeron nada, e non me propuxeron nada.

Cando e que gravaches?

Gravei este martes a canción “cántame un pasodobre galego”.

Escolleron eles o tema ou puideches escoller ti?

Bueno eu quería cantar outro tipo de canción máis lírica, para demostrar voz, pero dixeron se podía cantar algo máis festeiro que ultimamente era todo lírico. Despois optei por ese pasodobre polo que explicarei no programa… Preferiría non adiantar nada…

XdL-Tranquilo, Julio, non faremos spoiler (risas) 

Que tal a experiencia e o trato co equipo?

Todo xenial, ves o que é un traballo profesional. A min fixéronme sentir como unha estrela de verdade. O equipo, todo encanto, desde a encargada da produción, a maquilladora, todos en xeral.

Cando podemos ver a túa intervención?

Este sábado día 13 a partir das 22:00 h.

Quedaron as portas abertas para volver?

Eu creo que si (risas).

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...