HomesociedadeAbsolto o delegado do Goberno en Madrid, José Manuel Franco, natural da...

Absolto o delegado do Goberno en Madrid, José Manuel Franco, natural da Pobra do Brollón

A titular do Xulgado de Instrución número 51 de Madrid, Carmen Rodríguez-Medel, non ve indicios suficientes de delito por permitir concentracións multitudinarias, entre elas a manifestación feminista do 8 de marzo.

Publicado o

- Advertisement -

A xuíza arquiva a causa que seguía contra José Manuel Franco, delegado do Goberno de Madrid, por un presunto delito de prevaricación administrativa por permitir concentracións multitudinarias. A maxistrada tomou esta decisión tras escoitar este mércores a Franco, que acudiu a declarar en calidade de investigado, e a un total de 18 testemuñas que compareceron despois, entre eles o secretario xeral da delegación do Goberno, Fernando Talavera; sete funcionarios do organismo e 10 promotores de manifestacións aos que chamaron para pedir que cancelasen as súas concentracións.

José Manuel Franco. Fonte: PSdeG PSOE provincial

A iso súmase a batería de dilixencias de investigación que ordenou desde o 23 de marzo, cando acordou admitir a trámite a denuncia dun particular, como os informes ao médico forense adscrito ao xulgado e á Garda Civil.

A xuíza conclúe no auto que o investigado, entre o 5 e o 14 de marzo de 2020 “non tivo coñecemento certo, obxectivo e técnico do risco que para a saúde das persoas entrañaba a realización de manifestacións e concentracións”.

Así mesmo, sinala que Franco “non recibiu comunicación ou instrución sanitaria sobre este particular e tampouco a solicitou de oficio de ningunha autoridade competente no ámbito sanitario”. Engade que tampouco “ningunha persoa física ou xurídica, pública ou privada, instou ó delegado do Goberno en Madrid a que prohibise ou restrinxise dalgunha forma a celebración de concentracións ou manifestacións por razón da covid19”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...