HomesociedadeMonforte abre 15 dos 16 parques infantís

Monforte abre 15 dos 16 parques infantís

O Parque da Pinguela será o único que polo momento non poida abrir, debido a que se están levando a cabo nel obras de mellora.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Monforte abre este luns, 15 de xuño, os parques públicos infantís. A apertura faise de acordo coa lei, que marca unha limitación do aforo de cada parque de 1 persoa por cada 4 metros cadrados, e garantindo as medidas de hixiene e seguridade que determinan as autoridades sanitarias.

Instaláronse carteis informativos en todos os accesos de cada parque, nos que se especifica o aforo de cada un deles e se roga o respecto das distancias de seguridade e das normas de  hixiene. O Concello desenvolverá en cada parque unha desinfección diaria.

Aforo máximo permitido

O aforo máximo permitido en cada parque de Monforte, de acordo coa norma establecida de 1 persoa por cada 4 metros cadrados, é o seguinte:

  • Parque Irmás Dapena: 37 persoas
  • Parque da rúa Santiago: 50 persoas
  • Parque da rúa Chantada: 35 persoas
  • Parque da Compañía: 300 persoas
  • *Parque de A Pinguela: 103 persoas (*pechado temporalmente por obras)
  • Parque de Carude: 5 persoas
  • Parque Val de Lemos: 30 persoas
  • Parque Florida: 88 persoas
  • Parque de Río Seco: 70 persoas
  • Parque Rosalía de Castro: 23 persoas
  • Parque López Suárez: 56 persoas
  • Parque Barxelo: 36 persoas
  • Parque de Seoane: 27 persoas
  • Parque de Sindrán: 30 persoas
  • Parque de Gullade: 30 persoas
  • Parque de Carballo: 20 persoas

O Alcalde asegura que os parques da cidade “están en boas condicións para proceder á súa apertura, logo de que dende mediados do mes de maio iniciásemos a limpeza integral do chan e do mobiliario de todos os parques da cidade, así como o pintado e remozado de todos os elementos dos mesmos.”

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...