IniciosociedadeQuere o pobo de Monforte unha ponte de tráfico de vehículos no...

Quere o pobo de Monforte unha ponte de tráfico de vehículos no Malecón?

O movemento social en contra da contrución dunha nova ponte no Malecón de Monforte convoca xuntanza o próximo xoves, 18 de xuño, ás 20.30, xunto á pasarela do Malecón. Prégase a máxima asistencia para que de aí saia unha Plataforma elexida por todos.

Publicado o

- Advertisement -

O anuncio do alcalde de Monforte, José Tomé, de construir unha nova ponte no Malecón está dando lugar a diferentes iniciativas cidadás en contra deste proxecto. O 1 de xuño contituíase en facebook o grupo público, O Malecón non se toca, grupo que se presenta como aberto e apolítico.

Por outra banda iniciábase recollida de sinaturas contra esta iniciativa en change.org. Este movemento social celebra, ademais, xuntanza o próximo xoves, 18 de xuño, ás 20.30, xunto á pasarela do Malecón. Prégase a máxima asistencia para que de aí saia unha Plataforma elexida por todos.

E este martes o PP de Monforte anuncia que defenderá unha moción no pleno na que reclaman un estudo técnico previo, que inclúa os fluxos de tráfico, para determinar se é necesaria a ponte do Malecón que anuncia o goberno local e piden que se promova unha consulta popular antes de decidir se se contrúe esa nova ponte.

Segundo o PP, a construción dunha nova ponte nunha cidade de pequeno tamaño como é Monforte de Lemos constitúe unha obra de gran relevancia para o presente e para o futuro, polo que os populares anuncian que defenderán que as decisións que se adopten respecto a esta infraestrutura sexan as máis acertadas e conten co respaldo dos cidadáns.

A portavoz municipal, Katy Varela di que a Ponte Vella debe ser protexida e recorda que o PP é partidario da peonalización. A mesma concelleira aclara que o PP non quere que a construción doutra ponte sobre o Cabe en Monforte se leve a cabo sen que estea debidamente xustificada. Destaca neste sentido que terá un alto custe, estimado en aproximadamente un millón de euros, “e un indubidable impacto na paisaxe urbana monfortina. Igualmente, unha obra así ten perfiles urbanísticos que poden chegar a crear dificultades, máis aínda nunha cidade de marcado carácter monumental e que carece de Plan Xeral de Ordenación Municipal.”

Os populares queren que se faga unha proba, nun período curto de tempo, de restrición do tráfico rodado na ponte vella. Igualmente, demandan un estudo rigoroso dos fluxos de tráfico como parte dun informe técnico, que consideran imprescindible, para coñecer se realmente é necesaria ou non a nova ponte. Dito informe debe ser dado a coñecer aos cidadás, segundo sinala Katy Varela. Finalmente, coñecidos os resultados dos estudos, o Concello de Monforte debe promover unha consulta popular para saber se a poboación maioritariamente quere ou non esa infraestrutura.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...