HomesociedadeRecollida de voluminosos no Incio o vindeiro 1 de xullo

Recollida de voluminosos no Incio o vindeiro 1 de xullo

O bando da alcaldía pide aos veciños e veciñas que depositen o lixo nas inmediacións dos contedores existentes os días 29 e 30 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

O día 1 de xullo procederase á recollida de residuos voluminosos que non poden ser depositados no contedor do lixo nin ser recollidos polo camión compactador. Así, procederase á recollida de colchóns, neveiras, televisores ou lavadoras, entre outros residuos de gran tamaño.

Os obxectos voluminosos dos que os veciños e veciñas queiran desfacerse deberán ser depositados nas inmediacións dos contedores existentes os próximos días 29 e 30 de xuño para a súa recollida o día 1 de xullo.

O Concello do Incio precisa que non se poden depositar noutros días que non sexan os indicados e agradece a colaboración veciñal para retirar este tipo de refugallos.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...