Este venres, 19 de xuño, a provincia de Lugo conta con 17 casos activos de coronavirus, 1 menos ca onte, dos que 1 está en hospitalización no HULA e os 16 restantes, nos seus domicilios, 1 meno ca onte. 966 son os casos totais na provincia desde o comezo da pandemia.
O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descendeu en dous pacientes desde este xoves e baixa a 341, mentres que os pacientes curados aumentaron a 10.518, o que supón 12 máis.
Sanidade sinala que ata a data curáronse en Galicia 10.518 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o pasado 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.
O número de PCR realizadas na Comunidade galega ascenden a 163.569 fronte ás 162.562 contabilizadas este xoves.