HomesociedadeMonforte celebra o 30 de xuño as honras á Virxe de Montserrat

Monforte celebra o 30 de xuño as honras á Virxe de Montserrat

As honras á Virxe de Montserrat que se celebrarían o pasado 14 de abril víronse suspendidas polo estado de alarma. Na nova normalidade celebraranse o día 30, a partir das 20.30 na Régoa.

Publicado o

- Advertisement -

martes 30 de xuño ás 20:30 horas terá lugar primeiramente a celebración na Igrexa da Régoa dunha misa na honra da Virxe de Montserrat, dado que a Igrexa de San Vicente, lugar que tradicionalmente acolle estes actos litúrxicos, segue pechada debido ás obras de restauración que nela se están a levar a cabo.

Tras a celebración eucarística, procederase a celebrar unha procesión coa imaxe da Virxe de Monserrat polo atrio da Igrexa da Régoa. Finalmente, tal e como marca a tradición, o Alcalde de Monforte renovará os votos coa Virxe e procederase á bendición dos campos. Finalmente, a imaxe volverá ó altar da Igrexa da Régoa, que é onde se mantén exposta mentres duren as obras de restauración da Igrexa de San Vicente.

O Alcalde sinala que na celebración das honras á Virxe de Monserrat seguiranse as normas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias por mor do COVID-19, e recoméndase o uso de mascarilla ou gardar a distancia social a todos os veciños e veciñas que acudan a este importante e tradicional acto.

ÚLTIMAS

A falta de vivenda centra o foro que Ribeira Sacra Next promove o 19 de xuño no Parador de Monforte

Durante a presentación do encontro, na sede da CEO, os representantes das tres entidades...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...