HomesociedadeAcondicionamento da estrada entre Ferreira de Pantón e Escairón

Acondicionamento da estrada entre Ferreira de Pantón e Escairón

As actuacións, ás que a Deputación destina 165.000 euros, realizaranse entre os puntos 3,7 e 6,1, e consistirán na limpeza de cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente e renovación da sinalización horizontal e vertical.

Publicado o

- Advertisement -

A  Xunta de Goberno da Deputación aprobou a licitación da obra de mellora da estrada provincial LU-P-4102 que une Ferreira de Pantón e Escairón. O orzamento base de licitación supera os 165.000 euros. Unha vez iniciadas as obras, o prazo máximo de execución é de 6 meses.

Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, a mellora do firme con aglomerado en quente e o incremento da seguridade viaria coa renovación da sinalización horizontal e vertical. Estas actuacións completan outras obras que a Deputación fixo recentemente entre o núcleo de Escairón e o de Currelos con conexión tamén cara Paradela.

O mandatario provincial, José Tomé, destaca que “para este Goberno, a mellora das comunicacións viarias dos veciños e veciñas da provincia é unha prioridade. Coa rede viaria provincial máis extensa de España e nunha realidade rural como é a nosa, son un piar fundamental para garantir o benestar e o desenvolvemento económico”.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...