HomesociedadeMereces un respiro na Ribeira Sacra

Mereces un respiro na Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra estrea este luns a web merecesunrespiro.com e esta fin de semana abriu as súas portas o Centro do Viño da Ribeira Sacra e a oficina de turismo de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 29 de xuño, desde as 12:00 horas, está dispoñible o contido da web merecesunrespiro.com que pon en marcha o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

O sitio web é a parte central da campaña “Despois de todo, mereces un respiro” coa que o Consorcio quere atraer e poñer a disposición dos posibles visitantes experiencias “moi coidadas e adaptadas ao novo contexto xerado pola pandemia do COVID-19.”

As propostas clasifícanse en 5  bloques en función da tipoloxía de servizos e actividades que conteñen. Hainas relacionadas coa exploración dos recursos patrimoniais do territorio, outras de interacción coa paisaxe a través do deporte, tamén do coidado persoal en espazos únicos, e vencelladas á oferta gastronómica do xeodestino.

O usuario poderá realizar unha búsqueda, ademais de pola temática, por duración, perfil de público ao que vai dirixido ou pola periodicidade na que están dispoñibles as actividades que busca. Estréase o portal con máis de 40 experiencias, que seguiremos ampliando co paso dos días, en diferentes quendas.


Centro do Viño e oficina de turismo de Monforte

E o Centro do Viño da Ribeira Sacra e a Oficina Municipal de Turismo de Monforte de Lemos abriron este sábado, 27 de xuño as súas portas. O horario de verán será de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, contando con todas as medidas de prevención necesarias.

As visitas guiadas ao Centro de Interpretación Ribeira Sacra – Museo do Viño serán ás 11:30, 12:30, 17:30 e 19:00 horas.

Centro do Viño / turismo.gal

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...