O proxecto supón a reforma de instalacións de iluminación interior do pavillón municipal no núcleo principal do Concello, co obxecto de mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de alumeado público municipal. Así, proxéctase a eliminación de tecnoloxía obsoleta, de baixa eficiencia enerxética e alto custo económico, para instalar luminarias de nova tecnoloxía LED, máis avanzada, co obxecto de reducir o consumo enerxético e aumentar eficiencia enerxética das instalacións e co obxectivo principal de acadar unha mellor eficiencia enerxética da instalación.
En concreto, proponse a instalación de novas luminarias de tecnoloxía moderna, LED, na zona de pista e de gradas. Tamén se precisa a reforma do cadro de mando e protección, a revisión e substitución das luminarias de emerxencia que se atopan en moi mal estado, así como o cableado de parte da instalación que se atopan en mal estado.
O proxecto para o pavillón supón un investimento de 24.977 euros. O aforro enerxético derivado da substitución de 35 campás de 400 W será de 9.474,27 Kw/ano, ou o que é o mesmo, un 66,19% de aforro enerxético. O aforro en emisións de CO2 será de 2.207,50 kgCO2/ano. A actuación no Concello suporá a mellora da eficiencia enerxética da rede de calefacción ao que se destinarán 14.571 euros.
O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, explica que as actuacións proxectadas “son necesarias porque permiten conseguir unhas instalacións renovadas, con seguridade de utilización, que proporcionen unha calidade do servizo axeitada, fronte as instalacións actuais, de tecnoloxías obsoletas e que non permiten garantir a seguridade, que proporcionan un servizo claramente insuficiente para cubrir as necesidades da poboación e que son enerxeticamente ineficientes”.