Iniciosociedade208.000 euros para mellorar 13 rúas de Monforte

208.000 euros para mellorar 13 rúas de Monforte

O Alcalde anunciou tamén que nos vindeiros días darán a coñecer novas actuacións en arranxo de rúas, en melloras de parques e xardíns, en melloras de urbanización e melloras de iluminación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello reactiva os procedementos de licitación para contratar obras, servizos e subministros públicos. Nesta mesma semana darán comezo os trámites para desenvolver nos mes de xullo as seguintes obras:

  • Rúa Alfredo Brañas, que conecta a estrada de Castro Caldelas coa entrada das instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal. Dotarase dunha capa de aglomerado en quente e levantamento de arquetas de sumidoiros.
  • Rúa Lois Pereiro, vaise actuar no treito que discorre dende a desembocadura da rúa Otero Pedrayo ata o final da mesma. Viase dotar dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e sinalizar para unha ordenación dos estacionamentos, para tratar de aproveitar mellor o espazo e aumentar as prazas destinadas a vehículos de motor.
  • Rúa Travesía Lois Pereiro-Miguel de Cervantes, dotarase dunha capa de aglomerado en quente e realizarase tamén unha alineación nas hortas que se atopan na parte central desta rúa.
  • Rúa Lemavos, que discorre dende a rúa Chantada, onde se atopa un pequeno parque infantil, producirase unha pequena ampliación da plataforma para despois dotala dunha capa de rodadura de aglomerado en quente e sinalada horizontalmente.
  • Rúa Alonso Ríos que será dotada dun firme novo con aglomerado en quente.

Estas 5 rúas citadas vanlle ser contratadas nesta mesma semana á empresa ACOVAL, por un importe de 84.546,78 euros. 

Por outra banda, as seguintes 8 rúas vanlle ser contratadas esta mesma semana á empresa OVISA, por un importe de 123.853,84 euros:

  • Rúa das Cruces, vaise ampliar a plataforma da rúa nalgúns sitios para que permita o cruce de 2 vehículos con comodidade e seguidamente será dotada dunha capa de rodadura de aglomerado en quente, rematando as obras coa subida de tapas e sinalización horizontal.
  • Praza do Concello, repararase a pavimentación e os acabados da Praza do Concello e do seu entorno, así como dos asentos que se atopan na parte frontal e lateral da Praza do Concello.
  • Rúa Central será dotada dunha capa de rodadura de aglomerado en quente e unha nova sinalización dende a rúa Roberto Baamonde ata as proximidades do Ferrocarril, dado que se trata dunha rúa sen saída.
  • Rúa Historiador Germán Vázquez, será dotada dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente dende a rúa Central ata a rúa da Estrela, cunha nova reordenación do tráfico importante na zona que será dado a coñecer nos próximos días. 
  • As rúas Severo Ochoa e Poeta Noriega Varela dotaranse de nova pavimentación.
  • Rúa Castelao-marxe dereita, proxéctase dotar de firme a travesía da rúa Castelao na marxe dereita que discorre ó lado da vía do Ferrocarril ata a travesía do Reboredo. Deste xeito, a rúa Castelao vai ter dobre saída, xa que agora ten saída pola marxe esquerda uníndose á rúa Francisco Moure, e despois de feitas estas obras, tamén se poderá saír cara o Reboredo.
  • Segunda Travesía do Reboredo, trátase de dotar dunha nova capa de aglomerado en quente dende a travesía do Reboredo ata o fondo das vivendas.

ÚLTIMAS

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...