HomesociedadeA Deputación comprométese a poñer en servizo Augas Mestas a iniciativa do...

A Deputación comprométese a poñer en servizo Augas Mestas a iniciativa do PP

O Grupo Provincial do PP asegura que o goberno provincial se compromete, despois dunha moción presentada polos populares, a poñer en servizo o complexo quirogués de Augas Mestas no vindeiro ano 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro popular, JavierCastiñeira, sinalou, na súa intervención, que “o complexo recreativo de Augas Mestas está abandonado e inutilizado cando podía estar funcionando perfectamente”. Culpa o popular desta situación “á ineficiente xestión turística do actual goberno”.

O voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular asegurou que “os gobernos bipartitos resultaron funestos para estas instalacións que permanecen pechadas dende o 2006”. Engadiu que “co seu abandono, o complexo caeu en desgraza e sufriu actos vandálicos ante os que o organismo provincial tivo actuar e acometer obras para a súa reparación. Con todo, continúa pechado”, lamentou. “É inconcibible que se deixen caer estas instalacións que costaron preto de 2 millóns ás arcas públicas desta institución e se impida que os turistas visiten e pernocten na zona”, engadiu.

“É competencia da Deputación coidar o seu patrimonio para evitar que se afunda coma o fixo o Pelegrín I”, segundo indicou Castiñeira que tamén asegurou que “o Goberno provincial ten abandonada a xestión dos seus recursos fluviais”.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...