HomesociedadeEn marcha os paseos en barca polo río Cabe

En marcha os paseos en barca polo río Cabe

O punto de inicio dos percorridos será o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo, dunha duración de media hora, custará 3,25 euros, como en anos anteriores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As travesías en barca polo río Cabe poderán facerse de luns a venres, entre as 18:00 e as 22.00, e nas fins de semana e festivos, tamén en horario de mañá desde as 11:00 e ata as 14:00 horas e pola tarde de 18:00 a 22:00 horas.

Establécense unha serie de normas de seguridade e hixiene para a utilización das barcas:

  • É obrigatorio o uso de máscaras sanitarias.
  • A capacidade máxima das barcas será determinada polo encargado do servizo.
  • Será necesario o uso da solución hidroalcohólica que se porá a disposición dos usuarios.
  • Os usuarios contarán con chalecos salvavidas se son solicitados.
  • O encargado do servicio establecerá distancias de seguridade no caso de ser necesario.

Os paseos en barca polo río Cabe son, segundo o Alcalde, “durante os meses de verán un referente na programación cultural da cidade e un grande foco de atracción para a poboación local e para moitas persoas que nos visitan nesta época”. 

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...