HomesociedadeMonforte paga as 208 primeiras axudas do Plan Reactiva

Monforte paga as 208 primeiras axudas do Plan Reactiva

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de asinar un decreto polo que se resolve a concesión das axudas englobadas no Plan Reactiva Monforte. Así comezarán a facerse efectivos os pagos correspondentes a aquelas solicitudes presentadas entre o 14 e o 18 de maio que aportaron correctamente toda a documentación requirida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte destina 144.000 euros a estas primeiras 208 axudas que teñen xa autorizado o seu pago e que se fará efectivo nos vindeiros días.

Mediante o Plan Reactiva Monforte, o Concello destina 1,4 millóns de euros en axudas provintes do actual orzamento municipal, para actuar de maneira inmediata ante as consecuencias derivadas da crise económica e social provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Monforte de Lemos, outorgando liquidez ás empresas da cidade.

O Plan Reactiva Monforte conta con 5 liñas de axudas que se establecen en 1.000 euros para pequenas empresas (autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia), e 200 euros a traballadores autónomos que se viran obrigados a cesar na súa actividade con posterioridade ao 15 de marzo de 2020 e por mor do Covid-19, traballadores por conta allea que se tiveran visto afectados por un ERTE, debido o coronavirus, traballadores por conta allea que tiveran sido obxecto de despido con posterioridade ao 15 de marzo e traballadores contratados temporalmente cuxo contrato finalizase con posterioridade ó 15 de marzo de 2020, e non fose renovado pola falla de actividade da empresa debido á Covid-19.

Das 208 axudas aprobadas que foron presentadas entre o 14 e o 18 de maio, 128 corresponden a pequenas empresas (autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia), para as que se destinará un importe de 128.000 euros, 80 expedientes son de traballadores autónomos, traballadores por conta allea e traballadores contratados temporalmente, para os que se destinará un importe de 16.000 euros.

No decreto asinado polo Alcalde, tamén se inclúen 97 solicitudes presentadas entre o 14 e o 18 de maio que non aportaron correctamente parte da documentación requirida polas bases da convocatoria. Os solicitantes das mesmas terán un prazo de 5 días hábiles para aportar a documentación que se lles require para poder ser beneficiarios de ditas axudas.

Para elo, están publicadas na páxina web do Concello, no enlace http://www.monfortedelemos.es/gl/plan-reactiva-monforte/gl tanto o listado dos primeiros 208 expedientes beneficiarios destas axudas como daqueles expedientes pendentes de presentar a documentación establecida polas bases do Plan. O Alcalde informa que dende o Concello séguese a traballar para tramitar o pago do resto de solicitudes presentadas o Plan Reactiva Monforte, que foron un total de 1219 solicitudes.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...