Homesociedade"Non ten sentido adicar 2 millóns de euros á ponte do Malecón",...

“Non ten sentido adicar 2 millóns de euros á ponte do Malecón”, asegura Espertamonforte!

Espertamonforte! apoia á plataforma "Salvemos o Malecón" por coincidir na peonalización da ponte vella e consideran que investir neste momento de crise 2 millóns de euros nunha ponte no Malecón aínda ten "menos sentidiño".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo municipal Espertamonforte! comunica que apoiará incondicionalmente todas as accións promovidas pola plataforma “Salvemos o Malecón” dirixidas á paralización do proxecto de construción dunha nova ponte de ferro no paseo de Malecón.

Espertamonforte! lembra que xa defenderan incluso antes de concurrir ás súas primeiras eleccións municipais no ano 2015, a necesidade de peonalizar a Ponte Vella de Monforte, e rexeitan a necesidade de construción dunha nova ponte.

Aseguran que nunca consideraron precisa a construción da ponte impulsada polo alcalde, José Tomé, no Malecón, “que estragaría completamente a contorna do paseo do Cabe,”.

Segundo Espertamonforte! querer sacar adiante a ponte de ferro do Malecón, neste momento de crise sociosanitaria e económica “aínda ten menos sentidiño. Como se plantexa neste momento adicar unha cantidade de 2 millóns de euros a este proxecto claramente prescindible? podendo adicar esos orzamentos a outras partidas de maior necesidade, como emerxencia social o recuperación económica.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...