Iniciosociedade"Conecta coa vida" no centro de saúde de Chantada

“Conecta coa vida” no centro de saúde de Chantada

III Exposición Itinerante Fotoxénica-Mente de Albores no centro de saúde de Chantada. O tema desta terceira edición é o suicidio a través do lema "Conecta coa vida". A provincia de Lugo encabeza en Galicia o ranking de suicidios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición, programada para o centro de saúde de Chantada en marzo, tivo que aprazarse pola pandemia da Covid19. Esta III edición recolle a selección das fotografías máis valoradas do último certame, incluindo as gañadoras. As imaxes van acompañadas de textos informativos elaborados por Albores nos que se tratan diversos temas de relevancia como os mitos asociados ao sucidio, a importancia da prevención e do coñecemento dos medios de axuda.

Sinalan desde Albores que o sucidio é un problema de saúde pública que preocupa especialmente á Organización Mundial de Saúde (OMS) debido á súa dimensión, “no mundo falece por suicidio unha persoa cada 40 segundos. Das mulleres que o levan a cabo, o 25% pasou por algunha experiencia de violencia de xénero.”

III Fotoxénica-mente / Albores

No que respecta a Galicia en relación co resto das comunidades autónomas do Estado español, os datos son malos. Informan desde Albores que “Galicia sitúase só por debaixo de Asturias en canto a suicidios; Lugo encabeza o ranking  das provincias galegas. Dentro da provincia as zonas máis castigadas son as rurais e illadas, como a que abrangue o Distrito Sanitario Sur do Hospital de Monforte de Lemos, polo que pedimos ás Administracións Públicas que actúen neste territorio especialmente afectado.”

Albores, asociación monfortina de apoio aos enfermos mentais

No ano 1999 fundouse a Asociación Albores coa intención de dar cobertura ás necesidades das persoas con enfermidade mental e ás súas familias. Despois de 20 anos de experiencia, Albores Saúde Mental é a asociación de referencia da zona sur de Lugo na promoción da saúde integral das persoas con enfermidades mentais, así como na mellora da súa calidade de vida, a das súas familias e a da comunidade.

1premio Tamara Acosta

Para achegarse a esa fin, a Asociación realiza actividades de prevención, tratamento e rehabilitación no eido da saúde mental. Así, no ano 2001 púxose en marcha un Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) en Monforte de Lemos que foi seguido pola apertura dunha vivenda tutelada con 4 prazas, e para ampliar a cobertura das necesidades deste colectivo no 2010 abriuse un novo CRPL en Chantada. 

A Rehabilitación Psicosocial defínese como o conxunto de intervencións que teñen como meta global axudar ás persoas con discapacidades psiquiátricas a vivir na comunidade e a mellorar o seu funcionamento psicosocial de modo que poidan manterse no seu entorno social e familiar nunhas condicións o mais autónomas, normalizadas e independentes que sexa posible.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...