HomesociedadeAxentes a cabalo en Monforte para previr incendios

Axentes a cabalo en Monforte para previr incendios

Seis patrullas da Cabalería da Comisaría Xeral de Seguridade Cidadá traballan en Monforte ata o 30 de setembro na vixilancia dos montes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Comisaría do Corpo Nacional de Policía en Monforte de Lemos recibiu reforzos das unidades de Cabalería da Comisaría Xeral de Seguridade Cidadá para incrementar a vixilancia nos montes e previr incendios durante o período de maior risco.

Seis patrullas desta unidade policial despregáronse esta semana e realizaron labores de vixilancia na zona de Monforte de Lemos, con especial atención a parroquias próximas ao núcleo urbano da cidade do Cabe “que nos últimos días víronse máis afectadas pola aparición de pequenos incendios, como “Camiño de Tor (Seoane), en Valverde (Aparte) e As Venteiras”.

Segundo informou o propio Corpo Nacional de Policía, a presenza das unidades policiais ha cabalo, cuxo despregamento se enmarca no operativo denominado ‘Lumes’, “resulta esencial”, dado que “o ámbito eminentemente rural” do municipio fai “imprescindible” o seu traballo. Está previsto que a súa presenza na zona mantéñase ata o próximo 30 de setembro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...