HomesociedadeCoworking rural para estudantes e profesionais no concello do Incio

Coworking rural para estudantes e profesionais no concello do Incio

Os interesados deben formalizar a súa solicitudes nas dependencias municipais. Contarán cun espazo gratuíto no que traballar e unha conexión de banda ampla.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio vén de habilitar un espazo de traballo en dependencias municipais que vai destinar a ‘coworking rural’ para estudantes de secundaria en adiante e profesionais dixitais.

O alcalde, Héctor Corujo, explica que se trata dun espazo de traballo “cómodo e tranquilo” do que van poder dispor aquelas persoas que estean estudando ou teletraballando e precisen dun lugar con conectividade de banda ampla para levalo a cabo. Os usuarios terán que dispor dos seus propios equipos para realizar o traballo.

O Goberno local pon en marcha este espazo atendendo ás novas necesidades que a situación sanitaria trae consigo e como unha vía de axuda para aquelas persoas que teñen dificultades de acceso á Internet ou non teñen un espazo físico no que desenvolver o seu traballo. O espazo foi habilitado tendo en conta todas as medidas de seguridade e recomendacións hixiénicas dispostas polas autoridades sanitarias.

Acceso e conexión gratis

As persoas interesadas poderán facer uso do espazo habilitado para o coworking rural no salón de usos múltiples do Concello en horario de 08:00 a 14:00 horas previa solicitude no Concello do Incio. O acceso ás instalacións será gratuíto, o mesmo que a conexión á rede. 

O Concello do Incio articula esta medida para axudar a aquelas persoas que teñen dificultade de acceso á Internet, tanto se viven no Concello do Incio como aqueles que queiran trasladar o seu despacho urbano ao entorno rural ou os que se atopen temporalmente no municipio. Se a demanda é alta estudarase a posibilidade de crear un espazo con maior capacidade.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...