A actuación no Castro de Penadominga centrouse na limpeza e o acondicionamento do acceso ao castro, na sinalización e dinamización da ruta, na creación dunha páxina web e nunha ruta virtual onde se mostra a cartografía, a planimetría e o perfil da ruta. Ademais de códigos QR xeolocalizados con información sobre a flora, a fauna e os puntos de interese.
O castro de Penadominga, en Bendollo, Bendestaba totalmente cuberto pola maleza desde hai anos. O plan de acondicionamento ía encamiñado a que o lugar se poida visitar formando parte dos recursos culturais e turísticos do municipio e do Xeoparque Montañas do Courel.
Estes traballos realizáronse polas mañás. Polas tardes as súas actividades foron máis lúdicas, como a visita as instalacións do Museo Etnográfico ou a visita á adega EDV.
En anos anteriores, os campos de traballo en Quiroga acondicionaron diversos lugares de interese histórico e cultural do municipio, como unha ruta de sendeirismo, un tramo do Camiño de Inverno, o castelo dos Novaes, unha alvariza en Bustelo de Fisteus e o pasado ano acondicionaron o acceso á fervenza do Pombar.