HomesociedadeRematadas as melloras de dúas novas rúas en Monforte

Rematadas as melloras de dúas novas rúas en Monforte

A obra de mellora en Noriega Varela foi adxudicada á empresa Probisa por un importe de 25.971,96 euros, mentres que a da rúa Lois Pereiro foi levada a cabo pola empresa Acoval S.A., por un importe de 14.399 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 3 de agosto, rematan os traballos de mellora das rúas Poeta Noriega Varela e Lois Pereiro. Con estas actuacións dáselle continuidade ao programa de melloras en infraestruturas urbanas que o Equipo de Goberno do Concello vén desenvolvendo, tras o reinicio deste tipo de actividades que sufriu un parón por mor da pandemia do COVID-19.

O investimento destas dúas actuacións ascende a algo máis de 40.000 euros, concretamente 40.370,96 €. As obras de mellora na rúa Poeta Noriega Varela foron adxudicadas á empresa Probisa por un importe de 25.971,96 euros, mentres que as da rúa Lois Pereiro foron executadas pola empresa Acoval S.A., por un importe de 14.399 euros.

Traballos de mellora en Poeta Noriega Varela

As obras e actuacións de mellora levadas a cabo na rúa Poeta Noriega Varela consistiron na renovación da capa de rodadura de dita vía. Fresáronse os frontes coas rúas Dr. López Suárez, Pardo Bazán e Travesía de Echegaray, e regularizáronse os desniveis existentes. Procedeuse a aplicar unha nova capa de rodadura e no entronque coa rúa Dr. López Suárez, procedeuse á formación dun vado peonil para a eliminación de barreras urbanísticas.

Unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, se procederá ó pintado da vía, coa marcaxe das liñas horizontais, cebreados e símbolos correspondentes.

Traballos de mellora na rúa Lois Pereiro

No caso da rúa Lois Pereiro, concretamente no cruce rúa Ramón Otero Pedrayo-Regueiro das Malloadas, acometéronse as obras necesarias para a renovación do seu pavimento así como a nova sinalización horizontal da mesma.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...