HomeComarca de SarriaSarria acollerá o Día da Galicia Mártir para lembrar os "mártires" que...

Sarria acollerá o Día da Galicia Mártir para lembrar os “mártires” que morreron pola Democracia

Publicado o

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pretende institucionalizar o Día da Galicia Martir con actos programados para este luns a partir das 20:00 horas na Vila de Sarria; unha ofrenda floral e unha conferencia do historiador Rafael García, na Casa da Cultura dese municipio, ademais da actuación do grupo Raiceira que amenizará o evento.

O deputado de Memoria Histórica da Deputación de Lugo, o nacionalista Efrén Castro, en declaracións a Europa Press, sinalou que o que pretenden é “que este día estea institucionalizado” para falar “un pouco de memoria histórica”. Así, dixo que quere que “en toda Galicia” se aproveite este día para falar deses “mártires que tanto fixeron porque vivamos nunha democracia”.

O evento, a partir das 20:00 horas, será “íntimo” e tentando cumprir “o obxectivo de divulgar o que pasou nese tempo”, ademais de “contar a historia como foi”, sinalou Efrén Castro, nun “acto moi bonito”.

Estaba previsto que todos os actos foran no murallón de Santa Mariña, pero só será alí a ofrenda floral, xa que o resto trasládase pola metereoloxía adversa á Casa da Cultura, onde se manterá “a distancia de seguridade”, como comentou o deputado provincial.

Para Efrén Castro quedan “moitas accións por desenvolver” xa que, comentou, “hai moitos corpos aínda nas cunetas” e moitas “medallas e recoñecementos institucionais de asasinos que hai que retirar”. “Hai que contar ben a historia”, sentenciou e empezar a “compensar os agravios sufridos”, concluíu.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...