HomesociedadeSeguen os problemas de illamento e accesibilidade da Escola Fogar de Sarria

Seguen os problemas de illamento e accesibilidade da Escola Fogar de Sarria

O BNG de Sarria mantén que a Escola Fogar, onde se reubicou o alumnado desaloxado do Frei Luis de Granada o curso pasado, segue sen cumprir coas condicións para dar clases.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG sostén que as aulas habilitadas deste centro seguen a carecer do illamento necesario, xa que manteñen os ventanais de madeira e os cristais postos cando se construíu o edificio, a finais dos anos setenta. Tampouco cumpre coa lei de accesibilidade, co agravante de que o centro si conta con matrículas de nenos con dificultades de movemento. “As reformas que se fixeron ata agora son só estéticas polo que o edificio non ten as condicións necesarias para que os nenos e nenas teñan clase alí”, argumentou o voceiro nacionalista Efrén Castro.

Ademais, e dado que a Escola Fogar está no mesmo edificio que o colexio público, o edil criticou que “a Xunta non aclare se é seguro que os nenos estean nun lugar que vai estar en obras durante todo o curso”.

O BNG cuestiona o proxecto de reforma do colexio

O voceiro nacionalista tamén se referiu ás obras anunciadas no CEIP Frei Luis de Granada, “cun millón e medio de investimento do cal só 100 mil euros se destinar a solucionar as deficiencias estruturais do edificio”.

“Os expertos que poido consultar o BNG ven con preocupación a opción elexida e poñen en dúbida que vaia solucionar os problemas de seguridade estructural do colexio público”, apuntalado en xaneiro pasado despois de que o profesorado se negara a dar aulas no centro con fendas que viña arrastrando desde 2011.

Efrén Castro lembrou que o proxecto de reforma tamén “preocupa a outros colectivos, por iso houbo un acordo unánime do concello para contratar un experto que o analice antes de ser executado”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...