HomesociedadeMonforte reforza a presenza da Policía Local para esta fin de semana

Monforte reforza a presenza da Policía Local para esta fin de semana

Monforte reforza a presenza de efectivos da Policía Local na cidade, mediante o servizo de dobre patrulla, de cara a garantir o cumprimento das medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias ante o Coronavirus.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O reforzo entrou en vigor este venres pola noite e prolongarase ata o vindeiro luns 24 de agosto ás 8 da mañá.

“Puxemos en marcha esta medida de reforzo”, sinala o Alcalde, “debido en primeiro lugar ó brote de positivos por Covid-19 que se está a producir dende hai uns días na nosa cidade, e en segundo lugar porque ó ser esta a última fin de semana de agosto, na que as previsións meteorolóxicas son boas, prevemos unha alta mobilidade de persoas, polo que é necesario velar pola seguridade de todos e para evitar a propagación do virus.”

O cometido da Policía Local será velar polo cumprimento das medidas sanitaria establecidas ante o Covid-19 polas autoridades sanitarias, en especial o que atinxe ó uso obrigatorio de mascarillas, o mantemento das distancias interpersoais, o cumprimento de aforo máximo permitido en establecementos de hostalería, terrazas, comercio e ocio, así como no que se refire a evitar a aglomeración de persoas.

Neste senso, o Alcalde pide a todos os monfortinos e monfortinas “que colaboren con nós cumprindo coas normas que ante esta pandemia estableceron as autoridades sanitarias: limpeza exhaustiva de mans, uso sempre da mascarilla, evitar as aglomeracións e manter a distancia social.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...