HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra presenta 64 mostras ao Mondial des Vins Extremes

A D.O. Ribeira Sacra presenta 64 mostras ao Mondial des Vins Extremes

O “Mondial des Vins Extremes”, o certame internacional máis importante no ámbito da viticultura de montaña ou viticultura heroica, que organiza o CERVIM no Val italiano de Aosta, celébrase entre o 27 e o 29 deste mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os criterios que deben de cumprir as Denominacións para que os seus viños participen no certame deben de ser algúns dos seguintes: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en socalcos. 

A D.O. Ribeira Sacra é referente mundial do que se denomina viticultura heroica, denominación á que se chega por unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno tamaño habitualmente organizados en socalcos; condicións climáticas adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de elevada beleza e cun carácter turístico. 

O CERVIM, promotor da cita, busca con ela valorizar a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria. O seu obxectivo é salientar as características únicas destes viños e dar a coñecer aos consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os viticultores fan para a posta en valor do territorio. 

A D.O. Ribeira Sacra presenta este ano, 64 mostras, 53 de tintos e 11 de brancos, pertencentes a 36 adegas. Os bos resultados que a D.O. Ribeira Sacra obtén sempre en Aosta son un trampolín internacional para os seus viños e convertérona nun dos referentes mundiais máis importantes dentro da viticultura de montaña ou viticultura heroica.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...