InicioComarca de SarriaPais e nais do colexio Frei Luis de Granada de Sarria denuncian...

Pais e nais do colexio Frei Luis de Granada de Sarria denuncian que seguen desamparados

Os proxenitores cambiarán aos nenos de escola se non se solucionan os problemas antes do inicio do curso escolar.

Publicado o

- Advertisement -

Nova rebelión no colexio Frei Luis de Granada de Sarria. A quince días do inicio do curso escolar, os proxenitores non saben como se atopa o centro tras as reformas prometidas pola Consellería de Educación nas protestas de hai oito meses.

Un dos portavoces da Plataforma en Defensa do Frei Luís de Granada, Javier Pico, xustifica esta “mudanza”. “A Consellería segue mantendo que os nosos fillos van ir á Escola Fogar e pedimos a documentación por escrito e séguena sen mandar”, sinalou. “A día de hoxe non sabemos quen asinou a orde de que os nosos fillos vaian á Escola Taller”, abundou.

Estes escolares, que suman sobre 180, que se verían desprazados a esa nova localización, son os “nenos do último curso de infantil” e dos primeiros cursos do seguinte, lamentou Pico, que “non van dispor de ximnasio e van realizar as clases de educación física á antiga sala de profesores”.

“Non lles importa que non teñan un patio onde xogar porque van facer os recreos nun aparcadoiro asfaltado e o único que fixo a Consellería ata a data de hoxe é quitar os tabiques que puxeron no mes de febreiro e pintar, cousa totalmente insuficiente para que este centro cumpra as condicións mínimas que deben cumprir os centros educativos”, afeou.

Con respecto á pandemia e os protocolos, o portavoz da Plataforma en Defensa do Frei Luís de Granada subliñou que a situación “é moito peor”.

RECREO

“O día que chova, dinnos e recoñécennos que os nenos van facer os recreos nos corredores das clases. Os protocolos din que deben de estar ao aire libre e poñen aos nenos a facer os recreos nos corredores”, criticou. “Van, entre comiñas, a non cumprir os protocolos COVID”, alertou.

Así as cousas, na plataforma van propor, na súa próxima reunión, o cambio de centro dos pequenos ante estes “agravios” e non descartan acudir, igualmente, a denunciar esta situación ante a Xustiza.

ÚLTIMAS

Este día 9, Cantos de Taberna na Pobra do Brollón, Salcedo e Cereixa

O evento comezará ás seis da tarde e rematará o circuíto ás once da...

Ata o 12 de decembro pódense solicitar prazas na Ludoteca de Nadal de Sarria

“Sarria Concilia 2023-24” ten prazo aberto de inscrición ata o 12 de decembro....

Concerto da soprano, Aida Gimeno, o 9 de decembro en Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais organizan esta proposta que achega ao...

Pintores de Carballedo, nacer en Carballedo ten o seu aquel artístico

Xosé Randolfe Vilariño é un dos ilustres de Carballedo, nado no lugar de Quintá...