HomesociedadeC@urel Vivo solicita un plan de rehabilitación ARI para o concello

C@urel Vivo solicita un plan de rehabilitación ARI para o concello

Segundo o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) as Áreas de Rehabilitación Integral conforman a base principal das actuacións de rehabilitación en contornos urbanos por parte do IGVS e para iso é fundamental a colaboración dos concellos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Áreas de Rehabilitación Integral declararanse por resolución da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a petición dos concellos interesados en que se declare unha área no seu territorio. Poderán tamén declararse de oficio polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, cando a área comprenda máis dun concello e motivos de interese arquitectónico, cultural ou social así o aconsellen. Segundo as bases, cada vivenda unifamiliar podería obter ata un máximo do 75% do investido. Nunha zona recoñecida como Xeoparque e galardoada pola UNESCO, polas construcións coa técnica en seco, isto serviría, segundo C@urel Vivo, para dar traballo á xente mantendo o patrimonio con vida e para atraer xente nova.

C@urel Vivo considera a máis convinte a Área de rehabilitación rural, que son as áreas de rehabilitación integral que se declaran en concellos menores de 5.000 habitantes e a súa configuración é predominantemente rural.

Segundo C@urel Vivo á Xunta de Galicia, “pouco lle interesa como estean as edificacións e as aldeas no Courel,” polo que entenden, “que de oficio non o van a declarar.” Así o o Grupo Municipal de C@urel Vivo, propón ao Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

  1. Solicitarlle a Consellaría de Territorio e Vivenda que poñan en marcha un plan para rehabilitación de vivendas para propietarios que se desexen acoller.
  2. Solicitarlle á Xunta de Galicia un convenio para manter en pé as construcións, que non sendo vivenda, os propietarios desexen mantelas en correcto estado. Tales como cabanas, muíños, albares, etc.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...