HomesociedadeXa son 14 falecementos na residencia do Incio

Xa son 14 falecementos na residencia do Incio

Este venres falecían no HULA dous usuarios da residencia do Incio, sumando 12 falecidos neste centro; este sábado falecen outras tres mulleres no HULA, dúas delas usuarias da residencia do Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 20 de agosto desde Política Social e Sanidade, anunciábase que a residencia do Incio contaba con 65 casos positivos entre os usuarios e 4 traballadores, un destes casos xa coñecido. Nesa mesma xornada a Xunta anunciaba que interviña o centro.

Desde ese 20 de agosto a situación na residencia foi en aumento e cos novos casos que se foron dando foron aparecendo as mortes. O 26 de agosto volvíanse a disparar os positivos nesta residencia, contabilizándose 87 usuarios con coronavirus, 31 máis e 18 traballadores máis para contar cun total de 26 traballadores infectados. A residencia sumaba 113 casos activos de Covid19 e comezaban a sucederse os falecementos.

Os últimos, dúas das pacientes falecidas este sábado no HULA, dúas mulleres de 86 e 87 anos, o que eleva a 14 os falecementos neste centro desde o rebrote. Cando a comezos de maio esta residencia celebraba que todas as probas feitas no centro deran negativo.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...