HomesociedadeO PP de Monforte mantén contactos cos colexios ante o regreso ás...

O PP de Monforte mantén contactos cos colexios ante o regreso ás aulas

A voceira do Partido Popular de Monforte de Lemos, Katy Varela, vén de manter varios contactos cos directores dos centros públicos e concertados co fin de coñecer como están a levar o regreso ás aulas, así como as necesidades que presenta a comunidade educativa local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP considera primordial escoitar ao profesorado e saber que necesidades ten, cando ademais Monforte rexistra un dos gromos máis importantes da provincia nestes momentos.

Con estas xuntanzas, Katy Varela deu continuidade á rolda de contactos que está a levar a cabo co tecido asociativo da cidade para, engade, “saber en persoa a súas inquedanzas e ver de que maneira lles podo axudar tanto como representante do partido que está na Xunta, como concelleira da oposición no Concello”. E é que nesta materia concreta –en Educación-, defende, debe existir unha colaboración intensa entre todas as administracións. Por este motivo, considera que dado que o alcalde “presume de remanente, quizá fose unha boa idea destinalo a medidas de prevención, pois non deixa de ser tamén responsabilidade súa velar polo benestar dos monfortinos nestes momentos tan complicados”.

Neste senso, a popular, agarda tamén que o Goberno central faga público con carácter inmediato o reparto de fondos prometidos, “Non só é importante gardar a distancia de seguridade, senón que, por exemplo, cando e como se vai contratar máis persoal docente. Por iso, esa transferencia económica é relevante e a Conferencia de Presidentes de hoxe debería terse realizado, cando menos, con outra previsión”, subraia.

ÚLTIMAS

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...