HomeComarca de SarriaXa son 16 os anciáns mortos na residencia do Incio

Xa son 16 os anciáns mortos na residencia do Incio

En Galicia xa son 664 os mortos.

Publicado o

- Advertisement -

Un novo falecido vinculado co brote rexistrado na residencia de maiores do Incio eleva o total de vítimas da COVID-19 en Galicia a 664 e as da residencia a 16 mortos logo do gromo de coronavirus detectado neste centro o pasado mes e que chegou a ter a máis dun cento de usuarios contaxiados.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, trátase dun home duns 90 anos, que estaba ingresado no HULA e que presentaba patoloxías. Este mesmo martes tívose coñecemento doutro case vinculado con residencias, nesta ocasión en Orpea Coruña, en Culleredo (A Coruña), en concreto unha muller de 80 anos.

As mortes con COVID-19 foron subindo nas últimas semanas, co aumento dos gromos e os contaxios en Galicia. Desde a ‘nova normalidade’ notificáronse un total de 45 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen falecementos.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...