HomesociedadeAlta a 5 traballadores da residencia do Incio cando a provincia contabiliza...

Alta a 5 traballadores da residencia do Incio cando a provincia contabiliza 920 casos

5 traballadores da residencia do Incio reciben a alta por Covid19, mentres aparecen dous novos casos positivos entre os traballadores e elimínase como caso positivo un usuario que se computara como tal por un erro. A residencia conta así con 78 usuarios infectados e 30 traballadores, nunha xornada na que os casos activos na provincia ascenden a 920.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A provincia de Lugo conta con 920 casos activos por Covid19, 123 casos máis ca onte. Deles 61 están en hospitalización, 1 na Mariña e 2 no Hospital comarcal de Monforte, trátase de usuarios da residencia do Incio; 17 no Polusa e o resto no HULA, centro que conta con 4 pacientes de coronavirus na UCI. 855 casos están confinados no seu domicilio.

Na provincia lévanse producido 54 falecementos por Covid19, 16 deles nas últimas dúas semanas en usuarios da residencia do Incio. Os casos totais na provincia entre altas e falecementos suman 2.576.

Mentres Sanidade dá por “controlado e estabilizado” o gromo de Monforte e o de Pantón. Nos últimos días houbo 3 casos positivos nas PCR feitas no Hospital de Monforte.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.364 deles 1.424 son da área da Coruña, 920 da de Lugo, 462 da de Ourense, 379 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 176 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 181 en unidades de hospitalización e 4.158 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.158 persoas curadas, rexistrándose 668 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron dous homes de 81 e 71 anos que estaban ingresados no CHUS e no HULA, respectivamente. Ambos presentaban patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...