HomesociedadeSen noticias da Consellería de Educación no caso do Frei Luis de...

Sen noticias da Consellería de Educación no caso do Frei Luis de Granada de Sarria en vésperas de comezar as clases

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, cualifica de "lamentable e vergoñoso" a falta de resposta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ao requirimento remitido polo Goberno local sobre a legalidade de trasladar as clases do Frei Luís de Granada á Escola Fogar, a falta dun día para arrincar a actividade lectiva en Galicia.

Publicado o

POR
Redaccción
- Advertisement -

Lembra o alcalde de Sarria que os técnicos municipais emitiron un informe a través da comisión de seguemento das obras do centro “onde deixan claro que (a Escola Fogar) ten problemas de accesibilidade”, ao carecer de ascensor e outro tipo de elementos. “Por parte do técnico (municipal) déixase claro que, previo ao comezo da actividade das clases, mañá día 10, deberíanlle enviar ao concello unha comunicación na cal digan claramente se reúne as condicións e cumprimento de toda a normativa vixente na actividade escolar”, sinala.

Garrido incidiu en que se debe “acreditar documentalmente” esta circunstancia para “dar garantías aos pais, aos alumnos e aos profesores”, e lamentou a “falta de respecto” da Xunta por darlle “as costas desde o mes de marzo (cando comezaron as obras de apontoamento) ao Concello de Sarria e á comisión de seguemento”.

Ademais da Escola Fogar, Garrido puxo en dúbida as obras de “reforma estrutural” que afronta o colexio. “Teñen as súas dificultades como veremos cando nos chegue o informe que pediu o concello, sobre esa reforma estrutural que ofrece moitas dúbidas, pero ante a recolocación (de parte do alumnado na Escola Fogar) non se acredita o cumprimento das normas legais e non se garante aos pais ese cumprimento”, afirmou finalmente.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...