HomesociedadeO Incio rexistra un novo caso entre o cadro de persoal

O Incio rexistra un novo caso entre o cadro de persoal

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Política Social destaca, no seu reconto diario de casos, que as residencias de maiores de Galicia rexistran un total de 331 positivos de covid-19 este xoves, dos que 249 son contaxios de usuarios e 82, de traballadores.

Nas últimas 24 horas coñeceuse un novo positivo no cadro de persoal da residencia do Incio, intervida pola Xunta. Deste xeito, os empregados contaxiados soben a 31, mentres que o número de usuarios con covid-19 neste centro é de 77, un menos que onte tras o falecemento, comunicado o mércores, dun dos usuarios, ingresado no Hospital Lucus Augusti.

Ademais, este xoves notificouse a curación de tres usuarios da residencia Orpea de Culleredo, na que quedan aínda 26 anciáns afectados, ademais de cinco empregados. O centro xeriátrico cun maior número de contagios é a DomusVi Lugo, situada en Outeiro de Rei, onde as cifras se manteñen estables con respecto a onte: están contaxiados 142 usuarios e 24 traballadores.

Ademais de en este tres centros, hai maiores infectados co coronavirus tamén na residencia DomusVi de Lalín. Neste caso, seguen constando catro empregados afectados. No centro DoralResidencias de Mos figuran dous casos de empregados contaxiados, aos que se suman os casos individuais de traballadores doutras 16 residencias do catro provincias.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...