IniciosociedadeSober e Monforte entregan máscaras para o alumnado

Sober e Monforte entregan máscaras para o alumnado

O Concello de Sober entrega máscaras reutilizables e personalizadas ao alumnado e profesorado de CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. En Monforte o concello puxo en marcha un operativo poloo que se repartiron case 22.000 mascarillas para os alumnos e alumnas de todos os centros educativos de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Sober, o alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que “cada persoa recibirá do Concello tres máscaras personalizadas para que dispoñan de unidades de cambio suficientes”. Tanto o alumnado coma o profesorado recibirán tamén un estoxo porta máscaras personalizado”.

Esta doazón de material de prevención fronte á covid-19 engádese a outras iniciativas coas que o Concello de Sober colabora co colexio público do municipio. 

A partir do 1 de outubro, porase en marcha cumprindo os protocolos anti-covid establecidos polas autoridades sanitarias o programa Concilia que inclúe tanto o servizo Madrugadores coma as Ludotardes para a atención dos nenos e nenas antes e despois do horario lectivo. 

O alcalde explica que “ademais deste servizo que pretende favorecer a conciliación laboral e familiar, este curso o Concello incorporará un conserxe para colaborar co profesorado do CEIP Virxe do Carme nas tarefas que consideren necesarias”. A maiores, desde a Consellería de Educación fixéronse melloras no centro, como a ampliación da biblioteca, novas cociñas, melloras no sistema de electricidade e está en obras un novo salón de actos.

E en Monforte, o Concello distribuíu de xeito gratuíto 12.180 máscaras infantís, destinadas a alumnos de Infantil e Primaria con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e 9.710 máscaras para alumnos de ESO, que abarca estudantes con idades comprendidas entre 12 e 16 anos, así como os alumnos do Conservatorio Municipal de Música e o centro de educación especial Infanta Elena. Nestes últimos casos, as 9.710 serán máscaras de adultos.

Unha vez entregadas as mascarillas correspondentes en cada centro educativo, que foron asignadas en función da matrícula de alumnos coas que conta cada un, serán os propios responsables dos centros os encargados do reparto entre os seus alumnos e alumnas. Neste senso, o Concello destinou un total de 10 unidades de máscaras por alumno/a.

No caso das máscaras infantís, o Concello conta con dúas partidas, 5.000 en tela reutilizables e outras 8.000 tipo sanitario. Neste caso, cada alumno recibirá 4 mascarillas de tela e 6 sanitarias.

“Con este operativo específico para os centros educativos”, salientou o Alcalde, “dende o Concello de Monforte facemos un esforzo importante para facilitar a todos os alumnos e alumnas da cidade os recursos de protección tan necesarios nestes tempos, nos que o uso obrigado de mascarillas sanitarias é un dos aspectos fundamentais para previr e conter a expansión da pandemia do Covid-19”.

Ademais desta partida de 22.000 unidades, destinada especificamente ós alumnos e alumnas de Monforte, cabe recordar que o Equipo de Goberno do Concello xa levou a cabo, nos meses de abril e maio, o reparto de 150.000 mascarillas para todos os veciños.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...