HomesociedadeUnha ambulancia medicalizada para 24.500 veciños da comarca de Sarria, denuncian os...

Unha ambulancia medicalizada para 24.500 veciños da comarca de Sarria, denuncian os socialistas

O PSOE denuncia que só hai unha ambulancia medicalizada para atender aos máis de 24.500 veciños e veciñas que viven nos 7 concellos da Comarca de Sarria. Unha veciña de Sarria de 83 anos, tivo que esperar máis dunha hora por unha ambulancia tralo atropelo que sufriu nun paso de peóns da vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero, anuncia que rexistrou diversas iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamarlle ao Goberno de Feijóo explicacións sobre este asunto. Segundo afirmou, a situación pode provocar situacións desastrosas na atención sanitaria da Comarca, “xa que si o vehículo medicalizado ten que saír a atender un paciente con COVID, como nestes dias acontece no Incio, o seu servizo pode retrasarse ata dúas horas e media, xa que teñen que realizarse labores de desinfección”.

Así as cousas advirte da situación de recortes na asistencia médica en Sarria. “Algunha veciña xa ten denunciado realizar máis de 23 chamadas rexistradas no seu móbil para conseguir unha cita para o centro médico. Ademais, a día de hoxe permanece pechado o Centro de Saúde de Oural, que obriga a varios  centos de veciños e veciñas que teñen algunha necesidade sanitaria a desprazarse ata Sarria. En moitos casos xente de idade avanzada que non dispón de medio de transporte co agravante da escasa cobertura de servizos de autobús”, lamentou.

Patricia Otero / PSOE

A Deputada explica, que tal como xa denunciou o Grupo Socialista de Sarria, unha veciña tivo que esperar durante unha hora a que chegara a ambulancia para ser trasladala a un centro médico.

Preguntas no Parlamento de Galicia

Por todo isto a Deputada Autonómica quere coñecer “cales foron os motivos polo que a ambulancia tardou en chegar a Sarria, ao lugar do atropelo, unha hora?. Si a Xunta de Galicia considera que a comarca de Sarria conta con servizos sanitarios suficientes?, e si cree que a comarca de Sarria conta cos medios precisos para dar resposta ás emerxencias sanitarias?”.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...