Homesociedade90 establecementos de Sober poderán ter recollida selectiva

90 establecementos de Sober poderán ter recollida selectiva

O Concello de Sober e Ecoembes veñen de asinar un acordo de colaboración para a posta en marcha dun proxecto destinado á mellora da recollida selectiva de envases lixeiros no Concello de Sober mediante o fomento da participación de establecementos do sector HORECA (Hostalería, Restauración e Catering).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local vén de asinar un acordo con Ecoembes dirixido a que participen os locais do sector HORECA. Así, restaurantes, bares, aloxamentos, bodegas con salas de cata e outros establecementos turísticos do Concello, ata un total de 90, poderán participar no programa promovido por ECOEMBES e o Goberno local.

O acordo traerá consigo o incremento, no seu caso, da dotación de contedores instalados na vía pública para a recollida selectiva de envases lixeiros adaptados a un uso compartido entre o cidadán e xeradores singulares de Sober.

Ademais, farase entrega aos establecementos participantes no proxecto de contedores de pequeno tamaño para a instalación no interior dos mesmos, ao tempo que serán informados e formados para asegurar a súa correcta participación na recollida.

O papel do Concello

O Goberno local encargarase de promover a correcta utilización dos contedores por parte dos establecementos, mediante un procedemento de control e seguemento que garanta o seu correcto uso.

Tamén se compromete a garantir a prestación dun servizo de recollida selectiva de envases lixeiros de calidade, en particular no referente á frecuencia de recollida para evitar desbordamentos e á limpeza e mantemento dos contedores e da súa contorna de forma que se facilite e incentive a participación dos usuarios na recollida selectiva.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, saúda esta iniciativa e agradece a colaboración dos establecementos na súa implantación “o que nos vai permitir seguir mellorando a recollida selectiva e, polo tanto, contribuír á mellora do medio ambiente”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...