HomesociedadeO futuro miradoiro do Cabo do Mundo

O futuro miradoiro do Cabo do Mundo

A remodelación do miradoiro do Cabo do Mundo permitirá “voar máis de 20 metros”. O Concello vén de contratar esta remodelación, que estará finalizada no prazo dun mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras do miradoiro teñen un prazo de execución dun mes, están sufragadas polo Concello e a Xunta de Galicia e consisten na instalación dunha pasarela que permitirá ver o meandro, ademais dun panel interpretativo e da adaptación do camiño de acceso. 

“A actuación será integral. Volaremos máis de 20 metros”, apunta o alcalde, Carlos Armesto, quen explica que este enclave natural recibe moitos visitantes pero “non esta nas condicións óptimas”; de aí, di, que “deamos este paso para por en valor o noso patrimonio natural como elemento dinamizador tamén da economía local”. 

Lugar único en Galicia

O miradoiro do Cabo do Mundo está situado na aldea de San Martiño da Cova. Dende este punto, pódese contemplar a espectacular panorámica que forman as bancadas en desnivel e as crestas das abruptas montañas típicas da Ribeira Sacra. É unha península que fai que a conca do Miño teña que formar unha pechada curva, conformando unha paisaxe salvaxe formada por viñedos, campos de cultivo, soutos de castiñeiros, construcións de estilo románico, etc. 

miradoiro / Concello do Saviñao

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...