HomesociedadeFrancia interésase por Rozavales e o Camiño de Inverno

Francia interésase por Rozavales e o Camiño de Inverno

A orixe xacobea de Rozavales xa xera interese fóra de Galicia. Dende que a Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur comezou a reclamar o recoñecemento oficial deste tramo do Camiño de Inverno, que cruzaría por Torbeo-Vilachá-Rozavales ate Monforte de Lemos, foron aparecendo persoas interesadas no informe técnico que presentaron ante a Xunta de Galicia neste pasado verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da asociación de Vilachá, José Castiñeira, vén de recibir unha chamada inesperada. Ata Francia chegou a nova da descuberta, realizada por Gonzalo Navaza (experto en toponimia), da imposición do nome de Rozavales por Afonso IX e motivado polo impulso que o monarca quería dar o Camiño de Santigo.

Bertrand Saint Macary, residente en Saint-Palais e presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago dos Pirineos Atlánticos, buscou a maneira de contactar con Vilachá para expresar o seu interese por Rozavales e polos estudos realizados pola asociación. Ademais puxo a disposición un documento (en latín, francés e castelán) con data do 10 de xullo de 1246. Este texto recolle o intercambio entre o Arcebispo de Compostela e o prior de Santa María de Roncesvalles da igrexa de San Vicente (situado no antigo San Miguel de Francia) co seu hospital de peregrinos, así como os dereitos e dependencias, a troco da igrexa de Santa María de Salvadur (situada na parroquia monfortina de Rozavales).

O documento, así como a conexión entre Roncesvalles e Rozavales, foi presentado nunha conferencia do profesor Saint Macary durante o Curso “Itinerarios culturales europeos: Roncesvalles”, organizado pola Universidade de Navarra nes mesmo mes de setembro do 2020. 

Este documento súmase a outros máis polos cales a Asociación de Veciños/as de Vilachá solicita o recoñecemento oficial do trazado histórico do Camiño de Inverno. A aparición deste documento, así como o contacto con Francia, consolidan unha liña de traballo e unha relación. Dende a asociación están convencidos de que “se conseguirá o recoñecemento porque as probas son incontestables. “

ÚLTIMAS

Música para todos os públicos e actividades variadas nas Festas do Carme 2024 de Sober

Todo listo para que comecen as Festas Patronais de Sober, que terán lugar do...

Encontro para a participación veciñal na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, este 13 de setembro no mosteiro de Santo Estevo

A estratexia de participación cidadá da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade convoca...

Danse a coñecer os premiados do ‘I Certame de Relatos Manuscritos Peruchela Edicións’

Tras a convocatoria, meses atrás, do I Certame de Relatos Manuscritos Peruchela Edicións, 30...

Máis prazas e máis días de actividade no Programa Activa de Monforte que este 11 de setembro abre prazo de inscrición

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde de...