IniciosociedadeO mellor docente de España 2020 pode ser monfortino

O mellor docente de España 2020 pode ser monfortino

José Pino, profesor no IES A Pinguela, está no ‘Top Ten’ de docentes seleccionados nos “IV Premios Educa Abanca” na categoría de FP.

Publicado o

- Advertisement -

Os “Premios Educa Abanca”, coñecidos  como “Los Goya de la Educación”, buscan poñer en valor a figura do bo docente e teñen como característica principal que ningún profesor ten a iniciativa de postularse para ao premio, senon que deben ser os seus alumnos e alumnas quen o propoñan.

A iniciativa naceu no ano 2016 froito da posta en común dunha idea que botaron adiante un grupo de profesores de diferentes etapas educativas, e tendo como obxectivo premiar a docentes que destacan polas súas boas praxis. Establecidas as bases definitivas dos premios fíxose pública a primeira convocatoria no ano 2017.

O monfortino José Pino Vázquez, profesor de informática no IES A Pinguela dende o ano 2008, foi notificado o pasado 30 de setembro de que estaba entre os 10 docentes finalistas na categoría de FP. Para chegar aquí, a plataforma Educa examinou a conciencia o seu curriculum e valorou o seu traballo docente puntuando, entre outros criterios: a realización de actividades innovadoras na aula, a interacción do docente en redes sociais e plataformas, ter un sitio web ou blog propios con fins educativos, a participación en accións formativas de reciclaxe de coñecementos, a publicación de libros e artigos en revistas, a participación en accións solidarias, a organización de xornadas de formación, a investigación ou  a dedicación ‘extra’, aquela que vai máis alá do formal e que deixa pegada no alumnado.

José Pino na Feira Maker á que foi co seu alumnado no 2018, tras gañar o 1º Premio de Innovación Educativa dos Desafíos STEM de Robótica. Foto: JP

Pino destaca en moitos dos criterios comentados segundo se pode deducir da súa coñecida traxectoria no IES A Pinguela. Neste senso cómpre dicir que ten un blog no que se pode ver o seu traballo como docente e os seus proxectos, involúcrase constantemente en accións solidarias e en procesos de investigación, ten publicado libros e artigos, interacciona e motiva moi ben ao alumnado, e dende o 2008 imparte sesións como formador de profesorado a nivel de Galicia.

A puntuación recibida descoñécese -farase pública o 10 de xaneiro- e a clasificación final así como o gañador do premio ao “Mellor docente de España 2020” faranse públicos nunha gala especial durante a celebración do 4º Congreso Mundial de Educación. EDUCA 2021.

ÚLTIMAS

O alcalde de Monforte recibe ó novo inspector xefe da Policía Nacional

O encontro foi unha primeira toma de contacto e serviu para facer un repaso...

Raquel Arias destaca as inversións da Xunta no patrimonio histórico da Ribeira Sacra

A deputada popular, Raquel Arias, indica que, nos últimos anos, a Xunta destinou 5,2...

O comercio de Sarria entrega os vales de San Valentín

Os establecementos asociados sortearon, para esta campaña, catro ceas para dúas persoas polas compras...

O Colado do Vento, de Sober, organiza un obradoiro para concienciar sobre a nosa etnografía

O proxecto de 'Galicia latente' ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e...