InicioComarca de QuirogaFolgoso do CourelBioapicultura en Folgoso do Courel

Bioapicultura en Folgoso do Courel

A Consellería do Medio Rural organiza este sábado, 10 de outubro, a primeira xornada en campo prevista no curso de bioapicultura que se está a impartir no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude. A acción desenvolverase en Folgoso do Courel e ten por obxectivo comprobar in situ como funcionan distintos apiarios e alvarizas que se están a manexar con técnicas biolóxicas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa formativa, iniciada o pasado mes de setembro, contará cunha duración total de 56 horas, 36 delas teórico-prácticas no CFEA de Sergude e as outras 20 no Courel. Así, das 12 xornadas totais, dúas delas desenvolveranse na montaña lucense. O curso non só está dirixido a persoas relacionadas co sector apícola, senón tamén a titulares, cotitulares ou familiares de explotacións agrogandeiras, a traballadores ou técnicos do sector agrario, así como a mozos con intención de incorporarse ao agro. 

A súa finalidade última é que os participantes adquiran os coñecementos necesarios para establecer o seu propio apiario orientado á produción ecolóxica, xa se queiran dedicar á cría de raíñas e núcleos de mel, á produción de xelea real ou cera, á cosmética, entroutros obxectivos.

Así, os asistentes recibirán nocións sobre o funcionamento dos enxames, os coidados que precisan, a lexislación que os regula, así como sobre as técnicas biolóxicas existentes para o manexo apícola. Asemade, coñecerán os distintos tipos de produción polos que poden optar se contan con colmeas, as claves para a reprodución dos apiarios e como diagnosticar as diferentes doenzas que poden afectar as abellas. 

Este curso está integrado no Plan de formación ao agro galego 2020, cuxo principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que desenvolve a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria. 

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...