HomesociedadeA Pobra do Brollón terá residencia en maio do 2022

A Pobra do Brollón terá residencia en maio do 2022

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes en San Marcos co Alcalde do Concello da Pobra do Brollón, José Luis Maceda, unha modificación do convenio de colaboración para a construción dun Centro de Atención a Maiores; pola que se axustan os prazos de construción e entrega da residencia ao novo proceso de licitación que acaba de empezar, logo de que o anterior contrato tivera que resolverse.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Concello e Deputación acordan fixar como data límite o 31 de maio de 2022 para ter licitado, rematado e recibido o centro de maiores. Así mesmo, establécese que o convenio terá vixencia ata finais do mes de xuño do ano 2022.

José Tomé lembra que o pasado venres a Xunta de Goberno aprobou licitar de novo as obras da residencia da Pobra do Brollón por preto de 1.750.000€, uns traballos que unha vez queden adxudicados, teñen un prazo de execución de 12 meses.

O mandatario provincial explica que o anterior contrato, que xa fora adxudicado, tivo que resolverse por cuestións alleas á Deputación, e é por iso “que agora tivemos que poñer en marcha este novo proceso de licitación para facer posible esta dotación social, que dará servizo á veciñanza da Pobra do Brollón e da súa comarca”.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...