Iniciosociedade225.000 para peonalizar o casco histórico de Monforte

225.000 para peonalizar o casco histórico de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia 3 proxectos de mellora no casco histórico da cidade, na Praza de Dr. Goyanes e nas rúas Abelardo Baanante e Armando Cotarelo, que serán ambas peonalizadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde, José Tomé, sinala que se trata “de tres actuacións certamente relevantes que suporán unha mellora significativa dentro do casco histórico da nosa cidade, e que non só significarán un embelecemento e renovación dos espazos existentes, senón tamén a conversión en peonil de dúas rúas emblemáticas do casco histórico”.

Investiranse 224.998,24 euros, as obras en Abelardo Baanante suporán 95.515,20 euros, as de Armando Cotarelo, 42.569,02 euros, e a mellora da praza de Dr. Goyanes suporá 86.914,02 euros de investimento. A licitación destas tres obras de mellora terá lugar nos vindeiros días.

Abelardo Baanante

Renovarase o seu pavimento actual de cemento por un novo de granito, adaptarase a súa contorna e a eliminaranse diversas barreiras; peonalizarase a rúa, e renovaranse as escaleiras que levan ata a Régoa.

Ademais, o Alcalde sinalou que “aproveitaremos para gravar nunha das lousas de dita rúa Abelardo Baanante o nome de Consuelo Alonso, persoa que o Concello homenaxeou recentemente por ser represaliada inxustamente durante a Guerra Civil”.

Trátase dunha rúa cunha marcada vocación peonil polas súas limitacións dimensionais e por acabar formando un fondo de saco, xa que no seu extremo oeste acaba nunha escalinata de 55 chanzos ata conectarse coa rúa Santo Domingo e a contorna inmediata á igrexa da Régoa. Deste xeito, dende o Equipo de Goberno decidiuse acometer as actuacións encamiñadas a peonalizar dita rúa e renovar totalmente a mencionada escaleira.

Tomé peonalización / concello de Monforte

Armando Cotarelo

As obras desta rúa consistirán na reordenación, renovación do pavimento e peonalización. O Alcalde destacou  que “na metade do seu percorrido, existe unha pequena praciña moi visitada por situarse fronte a ela unha edificación que posúe o récord de ser a casa con menor fronte de fachada. E tamén se ubica nesta rúa o museo Lodeiro, e o hotel Comercio, futura sede do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e tamén da Oficina do Peregrino”, motivos que xustifican tamén a peonalización e renovación desta rúa. Coma no caso da rúa anterior, a nova pavimentación tamén será de granito” precisou Tomé Roca.

Praza do Dr. Goyanes

As obras que acometerá o Concello na praza do Dr Goyanes suporán a renovación do seu pavimento. “A praza do Dr. Goyanes é o resultado dunha intervención relativamente recente ó construírse a principios do século pasado o hotel Comercio. Ademais, a praza tivo sempre un marcado carácter comercial xa que nela asentábase o primitivo mercado e sufriu unha importante modificación coa apertura do Malecón” describiu o Alcalde.

O Alcalde precisou que “as obras que se levarán a cabo, buscarán devolverlle o carácter de pequena praza recuperando a continuidade da rasante sen desniveis nin muros ou escaleiras que rompan a súa continuidade. Para conseguir isto, faise preciso levantar o actual pavimento para xerar esta nova topografía que queremos acadar para a praza, quedando totalmente diáfana, semellante á Praza de España, e humanizándoa, coa colocación tamén de diversos bancos e árbores”.

ÚLTIMAS

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...