HomesociedadeUn tractor e unha rozadoira para A Pobra do Brollón

Un tractor e unha rozadoira para A Pobra do Brollón

En función do convenio de colaboración entre o concello da Pobra do Brollón e a Deputación, o concello adquirirá un tractor usado de segunda man e unha rozadoira nova de dobre transmisión por un importe de 60.000 euros, dos que a área de Medio Rural achegará 57.000 € e o Concello, os restantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire Rancaño anunciou que a súa área colaborará co Concello da Pobra do Brollón para a adquisición dun tractor e unha rozadoira para a limpeza das redes viarias de acceso aos núcleos rurais e para o mantemento das zonas verdes e espazos públicos do municipio.

“Este convenio dotará ao noso Concello de novo equipamento no Parque Móbil, que nos permitirá seguir traballando no compromiso coa prevención de lumes forestais, así como no mantemento do bo estado de acceso aos núcleos rurais”, explicou o alcalde, Xosé Lois Maceda Vilariño.

A deputada engadiu que “a limpeza e o mantemento da rede viaria mellora a seguridade das comunicacións entre os núcleos de poboación, e nesa medida contribúe á mellora das condicións de vida da veciñanza.  A calidade das comunicacións e dos servizos que se ofrecen no rural son claves para a fixación da poboación e a dinamización económica, que son os obxectivos que nos marcamos desde a área de Medio Rural”.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...