HomesociedadeA feira deste 24 en Monforte celebrarase con restricións

A feira deste 24 en Monforte celebrarase con restricións

O Concello de Monforte informa que este sábado, día 24 de outubro, a Feira do Mercado Gandeiro de Monforte abrirá con restricións, derivadas da Orde do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A feira do mercado gandeiro de Monforte celebrarase cunha limitación do aforo do 50%. En canto á instalación dos postos, terán preferencia aqueles relacionados coa alimentación, accedendo ó recinto feiral o resto de postos por orde de chegada, ata completar o aforo indicado do 50%.

No caso dos postos de polbo, estará permitido que poidan vendelo para levar ou para consumir in situ pero para elo deberán respectarse ás medidas de distanciamento, aforo e número de comensais por mesa establecidos pola citada Orde do 21 de outubro.

Dende o Concello se colocarán carteis informativos por todo o recinto feiral a fin de que tanto os feirantes como os usuarios que acudan ó Mercado poidan coñecer as novas normas específicas así como os protocolos de seguridade establecidos de acordo coas indicacións determinadas polas Autoridades Sanitarias.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...