IniciosociedadeMonforte destinará 256.000 euros á reforma da cuberta do Multiusos

Monforte destinará 256.000 euros á reforma da cuberta do Multiusos

“O orzamento destinado a este proxecto, que supera o cuarto de millón de euros, xa por si solo indica a envergadura e a importancia desta inversión para mellorar un edificio tan utilizado polos veciños e veciñas de Monforte como é o Edificio Multiusos que ademais ten fácil acceso e unha ampla posibilidade de estacionamento nas súas proximidades”, destacou o Alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Edificio Multiusos, situado na Rolda María Emilia Casas Baamonde, alberga a sede do Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez, da Escola de Música e Danza, do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), de diversas accións sociais, e ademais acolle a celebración de múltiples actos culturais ou exposicións.

O Alcalde, puxo diversos exemplos de carencias funcionais desta infraestrutura, tales como o funcionamento do ascensor, que nunca funcionou ata a chegada do actual Equipo de Goberno, encargándose entón a súa reparación; non era un edificio accesible ata que se fixo a rampa para cadeiras de rodas nunha das portas de acceso; no Salón de Actos, o anfiteatro está sen asentos, porque a falta de inclinación do chan non permite ver o escenario salvo dende a primeira fila; e sempre houbo filtracións de auga de chuvia e humidades en moitas zonas do edificio.

“Pero quizás o maior problema” destacou o rexedor monfortino “é, o problema estrutural, dado que é realmente o que motiva este proxecto, debido a que o edificio foi deseñado e construído co teito plano, nas diferentes alturas que ten o edificio, o que resulta inadecuado para zonas de choiva, como é o caso de Galicia, podendo ser válido este tipo de teitos para o sur da Península pero non serven para lugares como Monforte”.

A reforma da cuberta consiste no cambio de estrutura para realizar todas as cubertas como cubertas inclinadas, por encima dos muros perimetrais da edificación, formando un pequeno aleiro con canalón visto en aluminio, a excepción da terraza, que se realizará por dentro dos muros cun canalón oculto.

A nova cuberta foi deseñada para conseguir un óptimo comportamento fronte ás accións do vento e a choiva, para unha correcta impermeabilización, para a evacuación de augas, para acadar un acondicionamento acústico (xa que agora cando chove fai moito ruído), e para dotalo tamén dun illamento térmico axeitado, cumprindo coa limitación da demanda de enerxía establecida para os edificios deste tipo de características.

A cuberta que se vai implementar na segunda planta resólvese cun panel sandwich de 50 mm, de dobre capa de aceiro, con illamento intermedio, colocado sobre correas de aceiro e unha estrutura metálica formada por cerchas de perfiles angulares e vigas de aceiro laminado.

O proxecto sairá a licitación nos próximos días, será por concurso aberto, e dende o Concello valorarase tanto a oferta económica, a calidade técnica das obras, así como as garantías da mesma (póliza de seguro). O orzamento de licitación ascende a 255.812,85 euros.

edificio multiusos Monforte

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...