HomesociedadeEn busca dun espazo de solidariedade e reciclaxe en Chantada

En busca dun espazo de solidariedade e reciclaxe en Chantada

O Recuncho Solidario, asociación sen ánimo de lucro que naceu en Chantada no ano 2015, desenvolve proxectos en prol da reciclaxe, o consumo responsable, a colaboración veciñal e axuda ás persoas en situación de dificultade económica e social. A asociación viña traballando nun local cedido, co que agora non poden contar polo que buscan que lles cedan un espazo para poder seguir prestando este servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende hai 5 anos a Asociación “O Recuncho Solidario” vén prestando un Servizo de Reciclaxe, Doazón e Préstamo de Mobles e Utensilios Básicos a través do que lle dan unha segunda vida a obxectos que a xente non usa, facéndollos chegar tanto a familias que están en situación de dificultade económica e/ou social, como ás que optan pola reciclaxe como modo de consumo. Recollen todo tipo de obxectos de utilidade básica: camas, armarios, sofás, ordenadores, berces, carriños de bebé, cadeiras de rodas, electrodomésticos, bicicletas..

A asociación asegura que o servizo ten unha gran acollida polos veciños e veciñas da vila, “Tanto por parte das persoas que traen cousas, xa que é unha gran satisfacción saber que van a ter un segundo uso; como por parte das persoas que as reciben, xa que este servizo supón un gran alivio para moitas familias, especialmente nos difíciles tempos que corren.”

Piden non ter que deixar a solidariedade no Punto Limpo

Durante estos 5 anos prestábase servizo grazas á solidariedade de Mercedes Cabezas, que lles pestou un baixo para almacenar os obxectos. Pero fai un par de meses comunícaselles que o necesitaban e que debían desaloxar ese espazo.

Fixéronse varios anuncios para atopar un baixo alternativo, pero seguen sen atopar nada, “polo que ao longo desta semana comezaremos o desaloxo e teremos que levar tódolos mobles e obxectos que temos almacenados ao Punto Limpo,” sinalan desde O Recuncho Solidario.”

Nesta situación fan un último chamamento, “por se alguén ten un espazo que non use no que poidan seguir ofrecendo este servizo, agradecemos que contacte con nós (644 885 488).”

Esta solicitude de apoio xa foi trasmitida aos tres grupos políticos que forman a corporación municipal do Concello, co fin de que tamén axuden a buscar unha solución.  

ÚLTIMAS

A falta de vivenda centra o foro que Ribeira Sacra Next promove o 19 de xuño no Parador de Monforte

Durante a presentación do encontro, na sede da CEO, os representantes das tres entidades...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...