Homesociedade5 hospitalizados en Monforte mentres Tomé demanda máis información da Xunta

5 hospitalizados en Monforte mentres Tomé demanda máis información da Xunta

A provincia conta con 691 caos activos, 18 máis ca onte. Hai 2 persoas na UCI do Hula e 30 hospitalizados, 5 deles no Hospital Comarcal de Monforte dos que 2 corresponden á residencia de Bóveda. En Monforte o alcalde, José Tomé, quéixase da falta de información da Xunta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, queixábase este martes, 27 de outubro, da falta de información que os concellos teñen por parte da Xunta para tomar medidas en función da súa situación coa Covid19. “O gromo de Monforte segue medrando, segundo os datos de onte había entre 25 e 30 positivos con varias persoas hospitalizadas e algunha alta tamén, pero os datos de hoxe non os teño. Non temos información, iso é o que demandamos, queremos saber o que ocurre non nos nosos concellos, para tamén tentar colaborar e tomar medidas dentro das nosas posilidades, aínda que tamén a quen lle compete é á Xunta,” afirma Tomé.

Continúa Tomé, “Feijóo cando había o mando único reclamaba para si as competencias, agora xa as ten, que as exerza e comparta a información cos demais. Está ben que pida información pero debe derivala a concellos e deputacións e iso é o que non está facendo, de momento.”

Tamén este martes á entrada do Pleno da Deputación, a Vicepresidenta, Maite Ferreiro, explicaba que “para poder tomar medidas, os concellos deben ser un os primeiros en saber como é a situación sanitaria. Estamos afeitos a que a Xunta oculte datos e non dea a información axeitada. Ademais tampouco asume as súas responsabilidades, o Señor Feijóo só sabe criticar cando as decisións as toman outros pero non propor alternativas”

ÚLTIMAS

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...