HomesociedadeSober prepara unha Feira do Viño de Amandi alternativa

Sober prepara unha Feira do Viño de Amandi alternativa

En novembro terán lugar as actividades do Mes do Amandi e o 5 e 6 de decembro terá lugar a Feira-Mostra no Hotel Pazo de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober decide reinventarse para non perder a XL Feira do Viño de Amandi, polo que prepara xa unha mostra alternativa para profesionais. Ultiman un programa de actividades para levar a cabo durante o mes de novembro que culminaría coa Feira-Mostra do Viño de Amandi os días 5 e 6 de decembro no salón de eventos do Hotel Pazo de Sober.

O formato da mostra será similar ao do túnel do viño de Amandi, que se celebrou os últimos anos en Sober coincidindo coa Feira da Rosca. Todas as actividades estarán pensadas para profesionais do sector (distribuidores, hostaleiros ou xornalistas especializados), e a entrada será con invitación para poder cumprir cos correspondentes protocolos anti covid.

Mes do Amandi

O próximo sábado 7 de novembro dende o Concello farase a presentación do cartel e o programa de actividades do Mes do Amandi e das dúas xornadas que durará a mostra.

Durante o Mes do Amandi haberá varias actividades, algunhas delas retransmitidas a través das redes sociais e durante os dous días de Mostra, en decembro, haberá cata cun panel de especialistas para outorgar, como o último ano, 3 premios a tintos de 2019, un premio a tintos de outras anadas e un premio a brancos de 2019.

Desde o Concello explican que a situación sanitaria obriga a reinventarse e ir perfilando a Feira do ano próximo que, coincidindo coa fin de semana do domingo de Ramos como foi sempre, tería que celebrarse os días 27 e 28 de marzo. “Todo fai pensar que terá que ser nun formato parecido ao deste ano”, precisan.

O obxectivo do Concello, explica o alcalde, Luis Fernández Guitián, é a promoción do seu produto máis característico e, debido a situación sanitaria, “non queda outro remedio que reinventarse ou non facer nada”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...