HomesociedadeO Concello do Saviñao mellora o parque infantil de Currelos

O Concello do Saviñao mellora o parque infantil de Currelos

O alcalde, Carlos Armesto, explica que “a brigada municipal de obras fixo un tratamento de recuperación e pintado dos elementos de xogo do parque e os participantes no módulo de carpintería do obradoiro de emprego encargáronse de substituír o antigo peche perimetral por un novo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de O Saviñao mellora o parque infantil de Currelos optimizando os recursos municipais. O rexedor indica que “este parque estaba en mal estado e decidimos reparalo para o seu uso optimizando custos: organizando o traballo das brigadas municipais e co obradoiro de emprego que financia a Xunta, o Ricra III”. 

Foron dúas das tres especialidades deste obradoiro as que fixeron posible a renovación do peche perimetral: a de moble e traballos de carpintaría e a de aplicación de vernices e lacas. Dentro deste obradoiro tamén se elaborou outro tipo de mobiliario urbano, como varandas de madeira ou cubrecolectores; ademais de estanterías, armarios ou bancos.

Traballos de poda

As brigadas municipais do Saviñao continúan cos traballos de poda das árbores dos espazos verdes do Concello. Despois das de Escairón, están xa podadas tamén as árbores de Currelos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...