O Concello do Saviñao remata o arranxo da escola de Diomondi

As obras corresponden a un convenio entre a entidade local e a consellería de Cultura para a posta en valor deste edificio situado ao pé do Camiño de Inverno.

Escola de Diomondi / Concello do Saviñao

O Concello do Saviñao vén de rematar o arranxo da antiga escola de Diomondi. A obra responde a un convenio entre a consellería de Cultura que achegou 15.000 euros e o propio Concello que aportou outros 9.200 ata completar o orzamento total de 24.200 euros para a posta en valor deste edificio que se atopa ao pé do Camiño de Inverno.

O alcalde, Carlos Armesto, explica que “a intervención consistiu no adecentamento do edificio da antiga escola incluíndo o arranxo da entrada principal do local e a impresión de 400 metros cadrados de formigón na fachada do edificio. Tamén se dotou ao seu exterior dun parque biosaudable, ademais de completar a actuación co peche perimetral da finca con postes de madeira acordes ao entorno. As obras foron áxiles e, practicamente, rematadas nun tempo récord”, precisou o rexedor.

Armesto destaca o potencial do Camiño de Inverno e a aposta da Xunta polo impulso desta ruta xacobea que está a mellorar, sinalizar e acondicionar  no seu tramo galego con importantes achegas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here